MARCOS VÁZQUEZ
Naceu no 1971 en Ribadavia (Ourense).
É titulado en:
CURSO LIBRE DE PERCUSION, escola superior de musica de Porto (Portugal)
GRADUATE DIPLOMA JAZZ DRUMKIT Birmingham Consrvatoire (Birminghan,UK)
PROFESOR SUPERIOR DE PERCUSIÓN, Conservatorio Superior de música de Vigo (Pontevedra)
Comezou a súa carreira tocando na banda municipal de Ribadavia e comezando os estudos no conservatorio da mesma localidade. Máis tarde seguiría estudando en Lugo, en Porto e en Vigo, pasando tamén por diferentes bandas ademais de participar na XOVE ORQUESTRA DE GALICIA, a ORQUESTRA DA COMUNIDADE DE GALICIA, a REAL FILARMÓNICA DE GALICIA e tamén na CAPELA COMPOSTELANA.
Tamén formou parte da formación de bandas tan importantes como a de CARLOS NUÑEZ, LIAM O´FLYNN, TRASMUNDI, LAIO e MUTENROHI; pasando por bandas de pop como: OS IRMANDIÑOS; LOS CAMBIANTES, OS RESENTIDOS, LUZ DE SOMBRA, TUMA, XARONES TOM, CINNAMON GUM; bandas de metal como: PSYQUENCE e MINIM e outras bandas como: FILATRÓNICA DO DOUTOR ANCHOA, CARAMUXO, MINUSGÜAN, O SONORO MAXIN e 2us..
A súa experiencia docente levouno a impartir clases en Santiago de Compostela, Ribadavia, A Coruña, Vigo e Ourense, desmpeñando a labor de profesor de bateria e percusión.
Colaboura no proxecto barullo cum tema fresco e moi divertido coa colaboración de María, a súa compañeira, titulado”el rock del pollo” onde, aparte de tocar a bateria, tamén mostra as súas dotes como cantante…
Trut69
Águilas de Hierro
Atrajanteime
Sesuales
Sesuales nace en Marzo do 2009 despois de que se fusionaran os membros de distintos grupos da comarca ribeirá debido aos seus gustos musicais. Gatilho (Álvaro en Pescando em Copacabana e Apeiron)[guitarrase e voces], Kabrax, David (ex Poetas do Kaos, Trut69 e NaturalZero)[baixo e voces], Potas, Rubén (ex-Trut69, ex Pequena Gran Filarmónica da Toscana,ex Sr. Lobo)[bateria] e Pateiro "medio-sesual" porque está cando pode (en costa azul e pachangadas varias)[saxo] forman este desternillante gurpo que mestura os maiores clásicos do panorama musical dos dous ultimos séculos, as meirandes bandas sonoras e as paranoias mais inverosímiles cun metal fresco e divertido. Para a súa participacion no proxecto barullo farán un tema inédito propio.
Despois dalgún ensaio e varios concertos decídense disolver, por falta de horarios e xuntarse de vez en cando para divertirse no local de ensaio.
Ánima
ÁnimA nace en Ribadavia no ano 2004 da fusión de membros de varias bandas da zona. A formación, nun principio, está composta por Iván (voz), Hugo (guitarras), Chimy (baixo) e Arturo (batería). Con estes membros entran nos Estudos Muu! de Vigo, no 2005, a gravar a súa primeira maqueta, "ÁnimA", que conta coa produción de Pedro Feijoó. Despois de dar concertos por toda Galicia presentando o devandito traballo durante un ano, deciden meterse de novo no local a compoñer as cancións do q sería o seu 2º traballo. E isto lévaos a entrar de novo no estudo en 2007, a gravar "Metempsicosis". Esta vez en Mix Plus (Kannon, The Dismal, Hora Zulú, Aphonnic, Elecktra...) con Iván Vivas aos mandos. O estilo do grupo dá un xiro, dando renda solta a toda a súa imaxinación, cuns riffs moito máis agresivos e unhas letras que camiñan cara á escuridade e decadencia. Este traballo conta mesmo con colaboracións de excepción, como Vicente "Cody Mc" de Kannon e Vane (Revoltallo)._Esta vez o grupo non se dedica a percorrer só a xeografía galaica. Dá concertos en Zaragoza, Madrid..... Participa no concurso "The Battle of Bands" (Sala El Sol de Madrid) chegando a ser semifinalista e comparte cartel en distintos festivais con grupos do talle de Skunk DF, Delamarca, Aphonnic, Ofensiva, Amargor, Supa Scoopa, Redrum, Armenian, etc. A finais de 2008 entra a formar parte do recompilatorio ALFAOMEGA que recolle novas promesas musicais do panorama nacional. En 2009 a banda quédase sen batería, debido á marcha de Arturo, e decide tomar un descanso._En o 2010 volven ao local de ensaio con 2 novos membros. Paio (batería) e Jana (Teclados/programacións). Con esta nova formación deciden darlle unha volta de rosca máis ao seu estilo, achegándose a un metal con tinguiduras industriais. Os ritmos son os máis pesados e escuros compostos por ÁnimA ata a fecha._Actualmente encóntranse gravando o que será o seu terceiro traballo, esta vez autoproducido.
Scronfil

Trut 69
nace no Ribeiro no ano 98 da man de Andrés (guitarras e coros) David (baixo e
voces) e Rubén (batería e percusións). David e Andrés siguen tocando noutro
grupo (Poetas do Kaos) anque deciden desfacelo ó pouco tempo por incompatibilidade
de horarios.
Despois de levar un ano pechados no local de ensaio, deciden que xa teñen material necesario para comezar a dar cocertos, chegando a dar máis de 90 en 2 anos, tocando por toda a xeografía galega. Saíndo de Galicia pasaron por Navarra, Euskadi, Badalona, Madrid, ate chegando a tocar en Pessaro (italia). Nésta xira de 3 anos tocaron con bandas tan importantes como Hamlet, Los Suaves, Avulsed, Storbais, Macaco, Xigante verde, Disphoria, Big Soul, Heredeiros da crus, Saratoga, etc.
No ano 2000 gravaron a única maqueta que teñen, este cd-maqueta chámase "Orgasmos ruidosos" e consta de 7 temas propios. Gravado e misturado no estudio "Mix-plus" en Vigo da man de Pablo Iglesias (Kabuto Jr., Lagartija Nick, etc). Con esta maqueta gañaron o concurso da Rtvg “Estudio3”, e tamén firmaron un contrato con Tiendas Tipo para vendela por todo Estado Español.
No ano 2003 dediden separarse, xuntándose de novo no 2005 para dar un derradeiro concerto en Ribadavia tocando con Skunk Df.

A finais
do 2007, Andrés e David deciden xuntarse outra vez, da man do batería Arturo
(Scronfil, Ánima), pero a súa andaina tamén dura pouco a causa dos diferentes
traballos dos compoñentes do grupo, e éste chega ó seu fin.
No ano 2012 volve a xuntarse a formacion orixinal, coa colaboración de Arturo nas percusions, para volver a gravar "Orgasmos ruidosos" tema que aportan ao Proxecto Barullo.
No ano 2012 volve a xuntarse a formacion orixinal, coa colaboración de Arturo nas percusions, para volver a gravar "Orgasmos ruidosos" tema que aportan ao Proxecto Barullo.
Águilas de Hierro
Alá por 1985, un grupo de amigos, Jorge,
Rober, Micky e Jose Carlos decidímonos xuntar para facer un grupo musical. O
estilo musical foi o máis doado de decidir. Por aquel entonces (algúns con 15
anos) eramos fans de grupos como Iron Maiden, AC/DC, Judas Priest e similares.
Así que decidimos facer Heavy metal. Os nosos coñecementos musicais eran nulos.
Aínda que Jorge xa comezaba a tocar a guitarra e Micky tocara nalgunha rondalla
tamén. Rober, o batería, pronto destacou sobre os demáis como músico, afición
da que logo faría a súa profesión durante moitos anos, sendo o único que
actualmente segue tocando a batería noutros grupos. Como non tiñamos cantante
recurrimos nun principio a María. A nosa aventura durou os anos de instituto, 3
ou 4, logo cada un deixou o pobo para ir a estudar e aí paramos durante moitos
anos. Naqueles tempos chegamos a tocar nalgunha verbena dalgunha festa, pubs,
locais e "case" nun festival que se fixo en Ribadavia. Moito máis
adiante xa asentados nos nosos traballos volvímonos xuntar para recordar vellos
tempos e pasar algún que outro sábado en compañía dos amigos. Neste momento
cantaba con nós Alberto e posteriormente Carlos. Agora despois de telo deixado
totalmente de lado dende alo menos 10 anos e gracias ó proxecto barullo volvémonos
xuntar peinando canas pero con moita ilusión de recordar aqueles anos tan máxicos
que vivimos.
Atrajanteime
O impresionante e fantástico grupo
Atrajanteime formouse en Ribadavia no ano 1986, froito das inquedanzas musicais
duns amigos que chegado un momento e grazas á acción catalizadora dun
músico-electricista local, cristalizaron nunha proposta musical algo
estrambótica.
A cousa é que tras varias experiencias
musicais dos compoñentes do grupo, que se poderían resumir en rondallas, coro
da misa, actividades culturais e festivas varias, e un grupo “non nato” chamado
S.O.S. Aberración (1984), unha noite de febreiro ou marzo de 1986, o Alemán (o
músico-electricista mencionado anteriormente) díxonos a tres dos futuros
membros de Atrajanteime algo así como ¡Hay que hacer un grupo, así que id
pensando en los componetes! E isa noite consensuamos cinco dos seis compoñentes
do grupo, que por suposto non se negaron ao recibir a proposta, decidimos que
os ensaios serían na igrexa da Magdalena, e o Alemán, antigo batería do non
menos fantástico grupo ribadaviense “Os Cisnes”, foi conseguindo instrumentos e
aparatos grazas ós seus contactos e amizades.
En poucos días a cousa botou a rodar,
cando xurdíu o primeiro atranco. ¡Con la iglesia hemos topado! O señor cura
párroco de Ribadavia asomou unha tarde pola Magdalena para comunicarnos que non
podíamos seguir facendo aquelo alí, e comezou unha pequena odisea en busca de
local de ensaio que case remata cas ilusións postas no grupo. Tras un par de
opcións fallidas, milagrosamente apareceu un rapaz que nos dixo “el bajo de mi
casa está libre. Si quereis ensayais allí”. O asunto non foi tan directo pero
tras unhas pequenas negociacións co verdadeiro propietario poidémonos
establecer. E o que nos ofrecera o local pasou a formar tamén parte do grupo.
Ise local posteriormente pasou a ter un uso hostelero, constituíndose alí un
dos piares da noite ribadaviense dos anos posteriores como foi o disco-pub
“Tubular”, e tras varios cambios de donos e nomes hoxe en día segue funcionando
como pub.
Total, que nos atopamos en abril de
1986 e Atrajanteime queda definitivamente formado por:
-
Carlos Conde “Conde” na batería
-
Miguel Anxo Martínez “Tele” nos
teclados
-
José Benito Gómez “Benitín” no baixo
-
Alberto Escudero “Aqui” voz principal
-
Carlos Fernández “Otis” coros e voz
principal
-
José Benito Dávila “Josebenito” na
guitarra
O repertorio foise conformando entre
versións de cancións dos grupos que nos gustaban e producción propia. A liña a
seguir polo grupo non estaba totalmente clara e definida, dubidando entre os
membros si inclinarnos cara ó que entendíamos que era un grupo de rock, cun
repertorio formado excusivamente polo que nos gustase, ou acercarnos ó que era
unha orquesta, facendo concesións a tocar cancións que nos gustaban menos pero
que nos podía abrir portas a tocar en festas. Esta decisión non se chegou a
tomar de forma clara, aparecendo entre a música que se tocaba cancións que nos
gustaban, que non nos gustaban, cancións propias e incluso cancións de outros
grupos de Ribadavia.
E chegou o gran día. A primeira
actuación. Ocorreu o día 11 de xuño de 1986 na discoteca “Carmen Viñas”
(posteriormente pasaría a chamarse “La Plazuela” e hoxe en día xa non existe).
O concerto encadrouse na festa de fin de curso organizada polos alumnos de
C.O.U. do instituto de Ribadavia para xuntar fondos para a excursión, como era
costume naqueles días. Non sabemos a qué se debeu, si á tensión, á
inexperiencia, á xuventude ou ás expectativas, pero a actuación foi un desastre
en prácticamente tódo-los sentidos. Foi o segundo gran atranco do grupo en
canto a desánimo. Pero como xa estaba “firmado” un segundo concerto dous días
despois, o 13 de xuño, nas Festas de San Antonio, que daquela se celebraban no
espacio que hai diante da chamada casa sindical de Ribadavia, pois había que
seguir. E voltou a suceder o milagre. Isa actuación, diante de moita mais
xente, acompañando á orquesta Pirámide, e tocando co equipo de esa orquesta
saíu mellor do que se podía supoñer, o que nos devolveu a moral e as ansias de
seguir polo menos até o remate do verán.
E así foi. Continuaron os ensaios, os
concertos. Afondamos na nosa relación ca orquesta Pirámide, fructífera para nos
xa que poidemos tocar co seu instrumental en varias ocasións e accederon a
gravarnos unha maqueta no seu estudio na cidade de A Coruña. Organizamos as
Festas da Magdalena en Ribadavia. Pasamos anécdotas diversas, e como soe pasar,
ao final chegou o final. Dous dos membros do grupo marcharían do pobo para
comezar as suas carreiras universitarias, e aínda que había un propósito de
continuar, esta intención foi feble e non chegou a materializarse nunca.
A derradeira actuación de Atrajanteime
tivo lugar na Alameda de Ribadavia nas Festas do Portal de setembro de 1986.
Ese día presentáronse dous temas novos de producción propia, tamén tocamos con
material prestado, e houbo que finalizar o concerto pouco despois da metade
debido a que comezou a chover. A traxectoria do grupo pecharíase ca gravación
na Coruña dunha maqueta cas seis cancións orixinais que tiña o grupo no seu
repertorio. Foi o día 16 de setembro de 1986 no estudio, unha vez mais, da
orquesta Pirámide, e constitue o legado de Atrajanteime que quedou en nós e nos
nosos amigos daqueles seis meses distintos e inesquencibles.
As cancións propias de Atrajanteime, e
que aparecen na maqueta son:
-
Ribadavia “la nuit”.
Letra Carlos Conde, música José Benito Dávila
Descrebe
unha noite de copas da época (anterior ó que ó ano seguinte funcionaba co lema
“Ribadavia, por qué non?”).
Nárranse
feitos, lugares e personaxes reais.
-
Soy el Bécquer del Ribeiro.
Letra Carlos Conde, música J. Benito Dávila
Canción adicada a un amigo do grupo
-
Eres un decadente
Letra Carlos Conde, música José Benito Dávila
Canción adicada a un amigo do grupo
-
Aviones asesinos
Letra Carlos Conde, música Miguel Ángel Gómez “Miki”
Canción do repertorio do grupo citado anteriormente chamado
S.O.S. Aberración, do que saíron dous membros de Atrajanteime e un de Águilas
de Hierro. Pese a que o grupo non pasou de ter duas guitarras españolas e tocar
un par de veces no salón da casa dun dos compoñentes, chegou a ter un repertorio
de catro ou cinco cancións propias, das cales Atrajanteime recuperou ésta.
-
No volverá
Letra Ricardo Tomé, música José Benito Dávila
Esta
canción, nunha liña distinta ó resto de cancións, ten letra dun compañeiro do
instituto, foi composta a principios do curso 85-86 e estreada no magosto do
instituto dise curso. Nun principio Atrajanteime levouna no repertorio,
fundamentalmente porque xa estaba feita e facían falta cancións, e co tempo
foise deixando de tocar. Grabouse na maqueta para que quedase constancia, e
como recordo tamén para o letrista.
-
Atrajanteime
Esta
é unha canción que xurdíu na mais coñecida taberna de Ribadavia, O Papuxa, en
fecha descoñecida (cara a finais do verán ou o outono de 1985). Tíñamos o
costume de coller a guitarra “residente” do Papuxa e poñernos a improvisar
cancións. Orixinalmente a canción, con base de rock’n’roll clásico, tiña unha
letra, con estrofas distintas cada vez e que remataban caendo no estribillo,
que era sempre o mesmo “Atrajanteime, atrajanteime”. Cando se fixo o grupo
retomamos a canción mantendo únicamente o estribillo, e empregándoa para
presentar ós membros do grupo cara o final das actuacións. E despois de certos
debates internos, dada a sonoridade e extrañeza da palabra, “Atrajanteime”
quedou tamén como nome do grupo.
Foron varias as persoas que fixeron que
Atrajanteime existise e que a sua traxectoria fose a que foi, pero hai un que
destaca sobre todos iles e queremos deixar constancia. Trátase de O Alemán, que
foi o que nos xuntou, prestounos a sua batería e acadou que amigos seus nos
prestaran teclados, amplificadores, etc, arranxou aparatos, levounos no seu
coche a distintos sitios, propúxonos cancións,… en fín, case se podería dicir
que sen ser do grupo, foi o membro mais importante.
Nomear ao resto sería difícil, entre
outras cousas porque pasaron 25 anos e non nos acordamos. Ahí vai un intento:
Olga (a muller do Alemán, por aguantalo a él e a nós), Casimiro, Manuel Lorenzo
“Muito”, Arturo “Pola”, Mauso, Orquesta Pirámide e achegados, etc. E tamén pos suposto
os nosos amigos que se comportaron coma fans incondicionais vivindo con nós un
verán distinto, o que aínda que nos non o sabíamos, era do que se trataba.
ATRAJANTEIME!!!
Sesuales
Sesuales nace en Marzo do 2009 despois de que se fusionaran os membros de distintos grupos da comarca ribeirá debido aos seus gustos musicais. Gatilho (Álvaro en Pescando em Copacabana e Apeiron)[guitarrase e voces], Kabrax, David (ex Poetas do Kaos, Trut69 e NaturalZero)[baixo e voces], Potas, Rubén (ex-Trut69, ex Pequena Gran Filarmónica da Toscana,ex Sr. Lobo)[bateria] e Pateiro "medio-sesual" porque está cando pode (en costa azul e pachangadas varias)[saxo] forman este desternillante gurpo que mestura os maiores clásicos do panorama musical dos dous ultimos séculos, as meirandes bandas sonoras e as paranoias mais inverosímiles cun metal fresco e divertido. Para a súa participacion no proxecto barullo farán un tema inédito propio.
Despois dalgún ensaio e varios concertos decídense disolver, por falta de horarios e xuntarse de vez en cando para divertirse no local de ensaio.
Ánima
Foto: cortesía do grupo Ánima
ÁnimA nace en Ribadavia no ano 2004 da fusión de membros de varias bandas da zona. A formación, nun principio, está composta por Iván (voz), Hugo (guitarras), Chimy (baixo) e Arturo (batería). Con estes membros entran nos Estudos Muu! de Vigo, no 2005, a gravar a súa primeira maqueta, "ÁnimA", que conta coa produción de Pedro Feijoó. Despois de dar concertos por toda Galicia presentando o devandito traballo durante un ano, deciden meterse de novo no local a compoñer as cancións do q sería o seu 2º traballo. E isto lévaos a entrar de novo no estudo en 2007, a gravar "Metempsicosis". Esta vez en Mix Plus (Kannon, The Dismal, Hora Zulú, Aphonnic, Elecktra...) con Iván Vivas aos mandos. O estilo do grupo dá un xiro, dando renda solta a toda a súa imaxinación, cuns riffs moito máis agresivos e unhas letras que camiñan cara á escuridade e decadencia. Este traballo conta mesmo con colaboracións de excepción, como Vicente "Cody Mc" de Kannon e Vane (Revoltallo)._Esta vez o grupo non se dedica a percorrer só a xeografía galaica. Dá concertos en Zaragoza, Madrid..... Participa no concurso "The Battle of Bands" (Sala El Sol de Madrid) chegando a ser semifinalista e comparte cartel en distintos festivais con grupos do talle de Skunk DF, Delamarca, Aphonnic, Ofensiva, Amargor, Supa Scoopa, Redrum, Armenian, etc. A finais de 2008 entra a formar parte do recompilatorio ALFAOMEGA que recolle novas promesas musicais do panorama nacional. En 2009 a banda quédase sen batería, debido á marcha de Arturo, e decide tomar un descanso._En o 2010 volven ao local de ensaio con 2 novos membros. Paio (batería) e Jana (Teclados/programacións). Con esta nova formación deciden darlle unha volta de rosca máis ao seu estilo, achegándose a un metal con tinguiduras industriais. Os ritmos son os máis pesados e escuros compostos por ÁnimA ata a fecha._Actualmente encóntranse gravando o que será o seu terceiro traballo, esta vez autoproducido.
Scronfil
Proxecto Barullo opina:
Banda creada por xente moi nova (no seu día), anque a súa maior cualidade é a actitude que teñen aínda a día de hoxe, en cada ensaio ou concerto que dan, dando lugar a un directo demoedor.Bio:
Scronfil nace no ano 2000 en Ribadavia. Banda de
crossover "punk, rock, hardcore, industrial, metal, etc."
Ao pouco de comezar, cando só levaban 6 días de
ensaios, deciden tocar en Cañiza (Pontevedra) e comezan a súa andaina tocando
en festas e salas da bisbarra do Ribeiro demostrando un directo desgarrador,
incendiario e dotado de grandes doses de Actitude, compartindo escenario con
bandas como Storbais (Euskadi), Trut69 (Ribeiro), etc.
No verán de 2001 chegan a gravar unha maqueta no propio
"local de ensaio" a cal incluía 6 temas. A súa traxectoria foi curta,
pero moi intensa.
A banda estaba formada por Cesar Fernández
"voces", Manuel Araujo "voces", Simón López
"guitarra", Miguel Fernández "baixo", e Arturo Gulín
"batería".
Tras varios concertos, Miguel deixa a banda sendo
substituído por Carlos Conde para facerse cargo do baixo. Actualmente un dos
seus temas máis representativos "Ser Humano", inclúese dentro do
libro CD do "Proxecto Barullo", gravado nas instalacións do local de
ensaio e gravación de Ribadavia en tributo a un dos seus compoñentes
desaparecido nun escuro 27 de xaneiro do 2011.
A banda non descarta a volta aos escenarios...
Bio:
O Tristetto
Proxecto Barullo opina:
Formado por músicos de diferentes estilos que, xuntándose, dan lugar a un grupo, cando menos, singular.Bio:
“O Tristetto” é unha banda formada no Ribeiro que
conta a día de hoxe con 9 compoñentes, que son:
Batería: Luis
Percusións: Marcos
Guitarra e voz: Raúl
Baixo:Jose benito
Trombón: Afonso
Saxo tenor: Tino
Saxo alto e teclados: Juan
Voz: Ainhoa
Voz: Belén
Dunha primeira formación orixinal de tres membros no
2008, “O Tristetto” chegou despois de varios paróns, fusións, abandonos e
demais historias frecuentes nas bandas numerosas… ó 2011 coa formación actual ,
composta por xente do Ribeiro, Carballiño e Ourense.
En canto ó estilo musical podemos dicir a día
de hoxe… que non nos preocupa excesivamente.
Emilio José
Proxecto Barullo opina:
Na
actualidade, Emilio José é único participante do proxecto máis coñecido
a nivel estatal. Con actuacións no Sonar e no Primavera Sound -entre
outros-, e soando habitualmente en Radio3 e outras emisoras, colabora
con Proxecto Barullo co tema inédito "Pi Margall". A súa maior
característica persoal é a humildade e a súa grande elocuencia.
Bio:
Nacín no 1984 en Quins, Ourense. Aos 5
ou 6 anos un primo de Brasil tróuxome un Yamaha deses pequenos, e ese foi o meu
primeiro instrumento. Logo outro primo, de Francelos (Ribadavia), ensinoume a
tocar a guitarra, e nesa mesma época estiven algúns anos estudando piano no
conservatorio de Ribadavia (onde o pasei moi ben e aprendín moito, pero fuxín
en canto puiden porque non teño a disciplina do músico clásico). En xeral toco
varios instrumentos, pero todos mal, e os meus músicos favoritos son Rahsaan
Roland Kirk, Faye Wong e Purcell.
http://www.myspace.com/singstaraloneMoredich DX
Proxecto Barullo opina:
A súa traxectoria musical xa vén de longo, foi cantante no grupo local "Poetas do Kaos" aló polos primeiros anos 90. Leva varios anos facendo musica electronica con Reason. Compaxina a música coa poesía, publicou recentemente "Pequenos poemas desesperados".
Bio:
Moredich
dx (Jaime Moreda Santamaría), nacín en Ribadavia no ano 1973. Entrei en
contacto coa música electrónica a principios do 2000 nas “raves” londinenses e
“squat partys”. Dende aquel momento sempre tiven en mente producir as miñas
propias creacións musicais cousa que aconteceu varios anos despois (2005...).
Teño no
meu haber multitude de cancións producidas ao longo destes anos que agora estou
empezando a pulir por diferentes motivos. Saquei unha maqueta con 4 temas
titulada "Reality music" completamente caseira e da cal hai moi
poucas copias. Esta mesma maqueta foi publicada a través de Jamendo (aínda que
hai unha canción que cambiei "intencionadamente").
Un
tempo despois saquei a luz "Reality Music (a.y.)" tamén a través de Jamendo.
Un disco no que se poden escoitar algunhas das miñas primeiras creacións tal e
como as creei, un pouco ao estilo de certos grupos que deciden sacar as súas
primeiras gravacións despois de anos "on the road" e varios discos.
Tanto "Reality Music" coma "Reality
Music (a.y.)” pódense descargar gratuitamente.
Agora
estou enfrascado en sacar o meu primeiro disco "profesional" en
formato cd, titularáse "Reality Music The Best 1" e como o seu propio
nome indica non será o último.
http://moredichdx.blogspot.com/
Ciego Asecas
Proxecto Barullo opina:
O noso único representante de Hip-Hop na
Comarca do Ribeiro. Unha xoven promesa na escea galega do Hip-hop máis
underground. Actitude, ilusión e ganas de dar guerra. Participa no proxecto co tema
“El mundo girando”.
Bio:
Nacín no 94 crieime en Ribadavia e medrei nas súas rúas. Descubrín o Rap sobre o 2007 grazas a un colega que me pasou temas míticos que soaban en España por esa época. Sempre tiven unha boa cultura musical: dende pequeno soaba moita música na casa, grazas a meu pai collín paixón por ter os cd's e vinilos "en man". Pouco a pouco, moito a moito funme interesando polo Hip Hop e toda a súa cultura.

Comencei a escribir as miñas cancións polo
2009. Na Coruña aforrei con amigos para comprar un micro Behringer dos máis
baratos, unha mesa e un par de cables. Gravando os nosos primeiros temas
encerrados nun cuarto de escasos metros cadrados.
Actualmente represento Ribadavia ao 100%.Con
unha demo, un videoclip baixo o brazo e moitas ideas, estou a traballar en
novos proxectos, ofrezo a miña verdade para o queira escoitala. Paz e Amor para
os que mostran apoio.
Contacto:
Tlf: 686033745Rheverso
Proxecto Barullo opina:
Grupo
de grunge – rock – punk, emigrantes de Venezuela con familia orixinaria da
Comarca do Ribeiro. Actualmente ensaiando nun local situado no “Camiño da
Cabrita”, estrada Ribadavia – Francelos. Démos
con eles, porque, cada vez que pasábamos por ese camiño, escoitábamos un “ruido
infernal”, e preguntábamonos qué pasaba alí. Alí o que pasaba era rock &
roll en estado puro.
Participan no proxecto co tema "Territorio Canibal".
Bio:
En Venezuela, polo ano
2000/2001 e nun ambiente post-grunge acurralado con música caribeña, entre esa
típica mestura de xente + alcohol e guitarras acústicas, un grupo de persoas de
intereses musicais similares deciden empezar a perder o tempo nun local de
ensaio dando paso á formación de varias bandas con algún que outro integrante
en común. Ao pouco tempo se establece unha boa relación de amizade con Américo,
dono dunha sala de ensaio (ademais de
ser unha grande influencia para nós), e estes distintos proxectos empezan a
disolverse quedando só dous definidos que ensaiarían con máis frecuencia, nun
deles coincidiriamos, non por ter algún tipo de parentesco, Juan Vázquez,
Javier Vázquez e Alfredo Ghinaglia. Non pasaría un ano e un par de toques para
que ambas as dúas bandas se separasen.
No 2003, os tres anteriores
tamén coincidiriamos, esta vez se por parentesco, na decisión de irnos a vivir
a España. A mediados de ano, Juan (quen máis se afastara daquel panorama
musical), despois de culminar os seus estudos universitarios, é o primeiro en
marchar. Con Javier e Alfredo aínda en Venezuela, e tras máis ou menos un ano
case inactivos na música, sucédense unha serie de reunións de despedida entre
algúns dos integrantes daqueles anteriores proxectos, pero, empézase a
traballar nun novo material facendo que, tanto Alfredo coma Javier, se formulen
a idea de continualo ao reunirse en España. Javier vaise de Venezuela a finais
do 2003 e Alfredo, o mesmo, na metade do 2004.
Xa en España e despois de todo o que leva consigo
cambiar de país, no 2007, nós os tres, xunto con outro amigo recén chegado
tamén de Venezuela, comezamos unhas cantas visitas a un local para ensaiar que
se encontra en Vigo o que nos empurra definitivamente a comprar equipo propio (a
Juan non lle queda máis remedio que facerse co baixo), acondicionar un lugar e
propoñernos, ao igual que en épocas anteriores, a perdernos do cotián
encerrados facendo música. Pero foi a metade do 2010, en certo modo axudados
pola saída do grupo dese cuarto integrante (que ocupaba unha das guitarras),
cando decidimos tomar en serio a nosa situación como banda dándolle un nome
definitivo (primeiro Reverso, pero logo, por motivos sen importancia
quedariamos como Rheverso) e empezando a traballar nesa proposta que estivemos
a facer co fin de compartila aos demais, para espertar dese estado de autismo
que nos caracterizou ata o momento.
Rheverso de momento é:
Juan Vázquez: Baixo e voz
Alfredo Ghinaglia: Guitarra e voz
Javier Vázquez: Batería
Contacto:
Tlf: Alfredo: 692696119 / Javi: 678018760
No hay comentarios:
Publicar un comentario