OS INICIOS:
O Proxecto xurde a partir da necesidade de xóvenes da
Comarca do Ribeiro, que ensaian nas instalacións Municipais de Ribadavia, para
promocionar ás bandas locais e motivar a máis xóvenes da zona a iniciar ou a unirse
a este tipo de proxectos e iniciativas. Unha vez que se crea o local de ensaio
na Casa da Cultura de Ribadavia (maio 2009) e que os xóvenes da comarca teñen
un lugar onde levar a cabo as súas gravacións, xurde o interese dos mesmos, por
formarse en todo o relacionado co audiovisual, para poder dar saída ós seus
diferentes proxectos musicais. A partires de aí, e a través de varias reunións
cos responsables políticos do Concello de Ribadavia, nace a idea de levar a
cabo unha iniciativa xuvenil, gracias ó asesoramento e coordinación do
Responsable Técnico da Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia.
Dende estes intres, lévanse a cabo reunións dos membros do grupo informal
Proxecto Barullo, e empézanse a aunar esforzos para dar forma á iniciativa,
dividir as funcións dos distintos membros e cegar a plasmar toda a idea no
formato que actualmente presentamos, centrándonos nun proxecto con gran
potencial, realista e eficaz e que posibilite promocionar ás bandas locais e
xenerar ilusión entre os xóvenes locais para que sigan motivándose a crear,
cada vez máis, este tipo de proxectos e a darlle saída e proxección, non só
local, senón tamén nacional e Europea.
O PROXECTO MUSICAL:
Este proxecto é unha iniciativa xuvenil, que abarca varios
colectivos da Comarca do Ribeiro, co afán de crear un proxecto innovador nun
ámbito local concreto e cunha difusión moi potente. O que se pretende en dito
proxecto é dar a coñecer toda a música realizada por grupos amateurs das zonas
rurais da nosa comarca, promocionando varias expresións musicais contemporáneas
que se levan a cabo no periodo que transcurre dende os anos 70 ata a
actualidade, na Comarca do Ribeiro, con capital en Ribadavia. Por iso, o
proxecto terá un carácter interxeracional, xa que recuperaremos bandas que xa
non existen e compartir a súa experiencia con bandas de recente creación,
gracias á iniciativa e actividade de Proxecto Barullo.
O proxecto musical será realizado nas instalacións da Casa
da Cultura de Ribadavia, onde está situado o estudio de grabación municipal,
aproveitando as instalacións e as boas condicións do mesmo. Favorecendo tamén a
cooperación do Concello coas entidades sin ánimo de lucro locais.
O proxecto contará coa participación de grupos de música da
nosa comarca, aportando cada un (dentro do seu estilo) un tema inédito – incluímos
tódolos detalles técnicos en anexos (programa, presuposto de maquetación e
distribución, condicións e requisitos das bandas para entrar no proxecto,
dereitos de autoría…). Realizaráse tamén un pequeño historial de cada grupo con
fotografías dos membros, e vídeo do “Making off” con esceas de gravación e
entrevistas, para que vaia todo incluído nun libro-cd-dvd (con textos en
galego, español e inglés, para darlle maior difusión ó proxecto). Estará distribuído
en tendas de discos, medios gratuítos na rede, e productoras, a través dunha
distribuidora, facendo así que o punto forte do proxecto sexa a visibilidade do
mesmo, para poder promocionar ás bandas do medio rural ó que pertencemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario